info@itaca.gal

I. DATOS DE REXISTRO E DE CONTACTO

En cumprimento do deber de información recollido na Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), Asociación Xuvenil e Cultural ITACA, como titular do sitio web www.itaca.gal, facilita a continuación os seus datos de contacto e rexistro: .


II. TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), os datos subministrados polo usuario quedarán incorporados nun ficheiro automatizado, que será procesado exclusivamente para a finalidade descrita. Estes recolleranse a través dos formularios correspondentes, os cales só conterán os campos imprescindibles para poder prestar o servizo requirido polo usuario, así como para realizar actividades promocionais e publicitarias propias mediante calquera medio, incluíndo o envío de mensaxes comerciais a través de email, correo postal, etc., que poidan ser do seu interese.

Os datos de carácter persoal serán tratados co grao de protección axeitado, segundo o Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, tomándose as medidas de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que os poidan utilizar para finalidades distintas das que xa lle foron solicitadas ao usuario. En caso de que se considere oportuno cederlles os datos de carácter persoal a outras entidades, o usuario será informado explicitamente da finalidade do ficheiro, dos datos cedidos e do nome e enderezo do cesionario, para que dea o seu consentimento inequívoco a este respecto.

Finalmente, o usuario poderá exercer os seus dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación en cumprimento do establecido na LOPD, ou simplemente para calquera consulta ou comentario persoal a este respecto, mediante o envío dunha notificación de correo electrónico ao enderezo info@itaca.gal.


III. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos na web son propiedade dos seus donos e están protexidos pola lei.

As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos de ITACA que aparecen na web son titularidade da mesma entidade e, como tales, están debidamente rexistrados.

Queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos desta web sen a autorización dos seus autores ou de ITACA.

Os contidos e a información relativos a terceiros incluídos neste sitio web non vinculan a ITACA, pois trátase dun servizo ofrecido con carácter simplemente informativo e divulgativo.

Este sitio web pode conter ligazóns a páxinas de terceiros, sobre o contido das cales ITACA non asume ningunha responsabilidade.


IV. ESTA PÁXINA WEB NON UTILIZA COOKIES