O local social de Itaca é o lugar onde desenvolvemos as nosas actividades durante o curso, situado nun entorno privilexiado (a menos de 5 minutos da Catedral de Santiago), forma parte do que consideramos o entramado cultural e social do barrio de Galeras, Pombal e parte da Zona Vella de Compostela.
Consta dunha tarima apropiada para a práctica de actividades en movemento (xogar, baile, danza, ioga…) e cun espello grande apropiado para o desenvolvemento de aulas de ditas modalidades.
Tamén poden celebrar o seu aniversario os socios ou socias de Itaca, fanse eventos puntuais (Galicreques, Máster Clases, cursiños…), ou simplemente vir pasar a tarde ao resgardo da chuvia e o frío (contamos con calefacción) desrutando dalgúns xogos de mesa, botando un conto, ou botando un cable na horta.
Pásate a coñecelo! Estamos na rúa do Pombal, 18 da cidade de Santiago de Compostela