info@itaca.gal
Colectivos de Compostela

A unión fai a forza!

Desde hai uns anos Itaca ven colaborando con estes colectivos e centros sociais en actividades lúdicas e demáis, entendendo que deste xeito axudamos á participación e difusión dos nosos valores dentro da cidade de Compostela e máis aló.

Nesta sección atoparás información de contacto sobre os nosos colectivos amigos e achegados e tamén poderás ver os seus últimos artigos e actividades publicadas.

Participa!



A Gentalha do Pichel
A Gentalha do Pichel Rúa Santa Clara, 21. 15704. Santiago de Compostela. A Coruña.

Somos um grupo de compostelanas e compostelanos decididos a fazer activismo cultural na nossa cidade e comarca. A língua e cultura galegas, a vontade de aprender, de difundir e recuperar os nossos costumes, a nossa história, a nossa música... som os nossos eixos de trabalho.

A Troita Armada
A Troita Armada Pombal, 18 Bajo. 15705. Santiago de Compostela. A Coruña. 981 562 250

A Troita pretende construir unha nova orde social gastrónomica. Dende que empezou a súa actividade van pasando moitos anos xa. Ao longo deste tempo moitas persoas fomos as que compartimos o noso tempo, ilusións, ledicias, ansias… Eiqui vos deixamos unha mostra do que somos: unha asociación aberta que se nutre do esforzo das  persoas socias, xuntante connosco… invitámosche a xantar (o primeiro dia, claro)

CSA do SAR
CSA do SAR Rúa Curros Enriquez, 28 . 15705. Santiago de Compostela. A Coruña.

O Centro Social Autoxestionado do Sar é un proxecto que nace da vontade de dotar á cidade de Compostela dun espazo aberto para uso da veciñanza e os movementos sociais de Compostela. Un espazo, así mesmo, onde teña cabida a cultura e o lecer alternativos.

O funcionamento do centro social é asembleario e autoxestionado: o espazo organízase mediante unha asemblea aberta na que participan os diferentes colectivos da casa e persoas que acuden a titulo individual.

O centro finánciase coas doacións que recibe da xente que fai uso del, que son destinadas integramente á mellora e mantemento do espazo.

Asi mesmo as actividades deberán ser abertas, non lucrativas e ter unha finalidade social. Se queredes organizar algunha actividade vinde á asemblea ou escribídenos un mail.

Animádevos a participar na construcción dun espazo de tod@s para tod@s!

 

CSOA Escarnio e Maldizer
CSOA Escarnio e Maldizer Algalia de Arriba, 11. 15705. Santiago de Compostela. A Coruña.

Desde o ano 2011 o antigo local da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos sito na Rua da Algalia de Riba 11 permaneceu fechado. Un grupo de persoas da cidade decidiomos reabrir este espazo para o enchermos de vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada. Para reabrirmos, non contamos só con razóns culturais do noso lado, hai moitas outras. Esta acción non deixa de ser unha protesta contra a as elites sociais: políticos corruptos, construtores e grandes empresarios que mandan máis que estes últimos, unha policía que os defende a todos e unha xustiza que os ampara.

Xandobela
Xandobela Quiroga Palacios, 6 (baixo). 15703. Santiago de Compostela. A Coruña. 649 70 21 94

Xandobela é unha iniciativa de Educación Non-Formal e Dinamización Sociocultural nada no 2005 en Compostela, con vocación universal radicada na realidade galega. Traballamos os vellos eidos da cultura e da relación entre as persoas, favorecendo a actitude integradora, creativa e lúdica. Somos persoas educadas no asociacionismo galego, con experiencia no traballo sociocultural voluntario en distintos colectivos e programas e con ampla formación en Pedagoxía, Educación Social, Animación Sociocultural e Dirección de Actividades de Lecer e Tempo Libre.

Novas e actividades dos nosos colectivos e achegados

Últimas novidades publicadas

    Festa de sam valentim

    Os Barbitúricos apresentam o seu novo single para Lixo Urbano o 13 de Fevereiro no nosso Centro Social. O trio picheleiro de punkis de postal celebra o lançamento de “Escravos da Moda” na noite de S. Valentim tocando na casa e rodeado de grupos de amigos.

    Ler máis

    Tresfoliando na Gentalha do Pichel

    Tresfoliando pretende ser um espaço de encontro entre as persoas que decidirom vir às asociaçons compostelanas Itaca, Pena Maior de MarroÇos e A Gentalha do Pichel aprender da nossa música e baile tradicional, para vivi-lo à maneira que nós o entendemos, coma umha ferramenta de nosso para comunicarmo-nos e divertirmo-nos na festa, no seram, na foliada! Para manter vivo nom só o nosso jeito de cantar, bailar ou tocar, senom também o nosso jeito de festejar e assi reconquistar as festas do país!

    Ler máis

Últimas novidades publicadas

Últimas novidades publicadas

Últimas novidades publicadas

Últimas novidades publicadas