Benvid@s a tod@s o novo sitio web da Asociación Xuvenil e Cultural ITACA. Neste novo canle de comunicación e reunión queremos brindar a todos os Itaqueir@s e as persoas que todavía non coñezan ITACA, toda a información sobre as nosas actividades e proxectos que levamos o logo o longo do ano.
Co novo sitio web queremos lograr un espazo altamente participativo dotado de recursos e ferramentas para facilitar a comunicación e a colaboración entre todas as persoas que somos ITACA, e para todas as persoas que queiran sumarse a nosa Asociación, xa sexa como membro educador, como socio, ou como participante en actividades que levamos a cabo no noso local social e en xeral polo contorno da xeografía galega. Con actividades puntuais como os roiteiros e os campamentos de verán; ou actividades contínuas como os cursos de ioga ou as clases de guitarra.
Iniciamos itaca.gal cun contido mínimo sobre a Asociación Cultural e Xuvenil ITACA e o seu funcionamento, poderedes atopar anacos dos nosos 30 anos de historia na sección principal ITACA, así como información sobre os nosos colectivos amigos e achegados. Co paso do tempo engadiremos máis información e novas funcionalidades para aproveitar o máximo este novo espazo no que esperamos que participedes.
ITACA está viva e activa!
Artigo publicado por
Juan Pena
Comparte esta publicación