info@itaca.gal
ROPE - Tie yourself to this (Eu)rope

ROPE - Tie yourself to this (Eu)rope

I é aquí que voltamos a Amarante de intercambio. No 2009 foi o grupo de monitor@s encargado de tirar da asociación ata o de agora, mais desta volta, mandamos o futuro. Desfíxose o grupo de maiores e convertéronse en monitoras capaces de ir soíñas polo mundo adiante e participar nunha actividade compartindo experiencia con outras culturas. Non é marabilloso?

O intercambio solicitaba un/unha líder que levase a rapazada a Amarante, pero en Itaca, como somos mais brav@s, fomos ata aló liderad@s por unha valente rapaza que non tusiu á hora de decidir ser ela quen tomase a responsabilidade. Orgullos@s do noso.

@ vella garda de monitor@s non foi o intercambio, deixando así paso o novo grupo, fortalecendo a súa unidade, responsabilidade e madurez, recuperando o prestixio do relevo xeracional do que en Itaca levamos tanto tempo apostando como sistema educativo.

Aventura Marao sacou neste intercambio todos os seus medios para realizar un programa cheo de actividades de tempo libre: Escalada, canoaxe, paintball, trekking, etc. Estes si que saben.

Nós, disfrutamos de pernoita no monte, aprendendo así un pouco de vixilancia contra incendios e actividades semellantes .

O proxecto non foi só un éxito pola programación, senón que nós, Itaca, foi moi enriquecedor observar como @s aprendices d@s que foron no seu tempo tamén aprendices aprenderon a aprenderlle a futur@s aprendices. Deste xeito, longa vida a Itaca!


Artigo publicado por

Juan Pena


Comparte esta publicación


 

Deixa o teu comentario