Antes de chegar a pandemia, aló polo mes de febreiro de 2020, tivemos oportunidade de experimentar cunha ferramenta traída de Romanía da man de Xandobela e do programa europeo Erasmus + a través do proxecto BABEL: o teatro labirinto.
Foron 3 xornadas nas que unha ducia de itaqueiras e itaqueiros montamos a primeira experiencia de teatro labirinto na cidade e na que convidamos a participar a un grupiño de amigos/as.
Todo o proceso está relatado na guía metodolóxica "BABEL: técnicas educativas para a difusión do patrimonio oral e literario", e animámosvos a que lle botedes un ollo se queredes coñecer os detalles de tan interesante ferramenta e tamén das outras técnicas coas que se experimentou no proxecto. Clicade na portada escrita en galego e listo! A crónica itaqueira está a partir da páxina 244 ;-) https://babelerasmusplus.weebly.com/producto-intelectual.html
Artigo publicado por
Hadri Rei
Comparte esta publicación