Benvidas á Peixe Sapo!
Xa hai anos que Itaca desenvolve no seu local actividades culturais como Baile Tradicional Galego, Pandeireta, Guitarra e moitas máis. Co tempo e co esforzo conxunto de toda a equipa de educadoras voluntarias, fomos acondicionando o local para poder acoller actividades de todo tipo até chegar a conformar unha escola non formal de artes.
Logo dun tempo intentando lanzar esta Escola de forma oficial cos paróns que supuxeron a pandemia, voltamos con toda a forza e ganas do mundo en forma de Peixe Sapo.
Peixe Sapo, Peixe Sapo, eh! eh!
Arrincamos!
Se queres facernos algunha pregunta sobre esta actividade ou desexas achegarnos unha queixa ou suxerencia podes facelo utilizando o formulario que aparece a continuación